Escoitar

O Concello aproba as axudas deportivas para a organización e participación en fases de ascenso

O Goberno municipal segue adoptando medidas para promover o deporte na cidade. Na última Xunta de Goberno aprobáronse accións por valor de case 175.000 euros entre as que figuran 90.000 euros para subvencionar entidades deportivas que participan ou organizan fases de ascenso.

martes, 7 xul 2026

O alcalde deu conta da aprobación o pasado venres de tres novas accións de promoción do deporte que alcanzan un orzamento de case 175.000 euros. A última Xunta de Goberno aprobou as bases e a convocatoria das subvencións a entidades deportivas pola organización e participación en fases de ascenso nos tres primeiros niveis de competicións de ámbito nacional, en categoría absoluta. O montante da achega elévase aos 90.000 euros.

Tamén recibiu luz verde a subvención nominativa á Federación Galega de Atletismo para as series municipais e o Gran Premio Cidade de Vigo de atletismo, cun importe de 15.000 euros. En terceiro lugar, o alcalde referiuse á contratación de tres xogos de canastas monitorizadas para o pavillón de Quirós. Con case 70.000 euros de orzamento, este equipamento permitirá optimizar a práctica do baloncesto xa que triplicará a capacidade da pista de xogo. O obxectivo é mellorar as condicións de adestramento e competición dos e das deportistas da cidade.

Descargar todas as imaxes