O Consello de Ministros aproba o Real Decreto de creación do oitavo xulgado de instrución de Vigo
O alcalde destacou este martes, despois de ser informado polo ministro de Xustiza, que a dotación a Vigo coa nova instancia xudicial foi aprobada cunha diferenza de seis días sobre o anuncio inicial.
Caballero expresou o seu agradecemento ao ministro de Xustiza, Félix Bolaños, “porque cumpriu o que prometera”. Recalcou que “cando lle pedín que mantivese o oitavo xulgado de instrución díxome que si e, efectivamente, acaba de cumprir porque temos o xulgado aprobado no Real Decreto e, por tanto, garantido que o recuperamos”. O alcalde lembrou que “foi o meu compromiso coa cidade e o compromiso do ministro co alcalde de Vigo”.