O Concello porá a disposición do Celta 791 asentos na nova Grada de Gol
Abel Caballero achegouse este luns ao Estadio Municipal de Balaídos para comprobar o avance das obras de construción da nova Grada de Gol.
O Concello recibirá mañá os 791 asentos novos situados en Gol Baixo, que se poñerán a disposición do club a vindeira semana, logo da tramitación administrativa correspondente. Deste xeito “en agosto, o Celta empezará gañando e con estas gradas en funcionamento”, apuntou o rexedor.
Con estes case 800 asentos novos, a grada terá o dobre de espazo dispoñible respecto ao ano pasado no que se utilizou unha grada supletoria.