Escoitar

Vigo inviste 1 millón de euros na reparación de varios muros na cidade

O alcalde visitou este luns o remate das obras de reconstrución do muro do areal de Santa Baia de Alcabre, que quedou derrubado como consecuencia dos temporais deste inverno.

luns, 20 xul 2026

Durante a visita á obra, Abel Caballero explicou que se reconstruíu o muro de contención de 85 metros de longo e 5 metros de altura así como o paseo do areal. A estrutura quedara moi danada polos temporais do inverno e requiriu un investimento de 230.000 euros.

Amais, o Goberno municipal executou outros muros nos que se produciron danos como Camiño Igrexa en Valadares; Rúa Baixada á Praia, en Saiáns; Vista do Mar en San Xoán do Monte; rúa Cantabria nº 300, en Teis e no muro da Vía Traída das Augas tamén en Teis.

En total, o Concello inviste 1 millón de euros na reparación destes muros.

A este orzamento hai que sumar as actuacións en marcha noutros muros como os dos colexios Valle-Inclán, Igrexa Valadares, CEIP Mestres Goldar, Escola Infantil Villalaura e Galindra cun custo total de 628.000 euros

 

Descargar todas as imaxes