O Goberno local aproba a renovación da cuberta da Asociación de Veciños de Candeán
O Concello destinará 82.000 euros para construír un novo tellado. “Trátase de facer unha impermeabilización total da sede da Asociación de Veciños de Candeán”, recalcou Abel Caballero.
O alcalde incidiu en que, tras un “duro inverno” que danou a cuberta do edificio veciñal, o Concello procederá a súa renovación. O proxecto contempla a substitución de todos os materiais antigos, como a tella de cerámica e os ferros de fibrocemento, por outros máis apropiados para o edificio.