Os hoteis da cidade esperan un cheo total esta fin de semana
Os establecementos da cidade alcanzarán o 97 % de ocupación o sábado, segundo as previsións, e consolidan a Vigo como un dos principais destinos turísticos do verán. Abel Caballero, anunciou que a previsión de ocupación hoteleira para esta fin de semana alcanza o 95 %, unha cifra que confirma o excelente momento turístico que vive a cidade. Segundo os datos dispoñibles, os hoteis rexistran unha ocupación prevista do 93 % o venres.
O alcalde destacou que Vigo afronta unha fin de semana de practicamente cheo nos seus establecementos hoteleiros, reflexo do crecente atractivo turístico da cidade e da ampla oferta cultural, de lecer e de praia. O rexedor puxo en valor tamén o traballo do sector turístico, subliñando a calidade do servizo que reciben os visitantes. "A xente está moi ben atendida e queremos seguir nesta liña", sinalou o alcalde.