Escoitar

O Concello avanza na construción da nova escola de música de Bembrive

Abel Caballero anunciou esta mañá que a Xerencia de Urbanismo aprobará o martes 21 de xullo o proxecto de expropiación dos terreos para construír o centro docente musical .

venres, 17 xul 2026

O alcalde explicou que se trata de dúas parcelas emprazadas ao lado do centro Helios de Bembrive. Contan con senllas superficies de 1.527 metros e 1.622 metros. Caballero detallou que na parcela de 1.527 metros o Concello construirá a escola, e que a de 1.622 metros destinarase a equipamentos para a parroquia. Os dous terreos están valorados nun total de 405.498 euros.

O rexedor lembrou que no centro musical de Bembrive fórmanse máis de 200 alumnos ao ano. Destacou que nenas, nenos e adultos prepáranse para o conservatorio ou proporciónaselles apoio para os estudos oficiais, alén de nutrir á súa propia banda de música.

Descargar todas as imaxes