Escoitar

A programación infantil continúa en Castrelos con O traxe do emperador

O alcalde lembrou que esta semana comeza a venda das reservas para os concertos de Chayanne, Abraham Mateo e The Corrs.

luns, 20 xul 2026

O Auditorio ao aire libre de Castrelos acolle este luns unha nova actuación infantil. Ás 8 da tarde sae a escena a obra O traxe do emperador, tal e como explicou Caballero, que lembrou que o acceso é completamente gratuíto. Trátase dunha adaptación musical do conto clásico de Hans Christian Andersen, onde a adaptación transforma a fábula tradicional nunha divertida obra de teatro que contará cunha coidada escenografía. Esta segunda actuación infantil en Castrelos durará 50 minutos con catro actores que interpretan oito cancións orixinais de música pop glam.

O rexedor informou tamén do calendario de venda das reservas para os próximos concertos do verán en Castrelos. O martes 21 de xullo sairán á venda as correspondentes ao concerto de Chayanne, previsto para o 30 de xullo; o mércores 22 de xullo será a quenda de Abraham Mateo, que actuará o 7 de agosto; e o xoves 23 de xullo poranse á venda as reservas para The Corrs, que ofrecerán o seu concerto o 11 de agosto.

Caballero lembrou que a adquisición das reservas realizarase mediante o sistema habitual, tanto de forma presencial en Castrelos como a través da plataforma de venda en liña habilitada polo Concello.

 

Descargar todas as imaxes