Escoitar

Bouzas acolle o sábado 28 de novembro a X carreira Érguete e Corre

A proba é a última gran carreira solidaria e competitiva das doce que conforman o circuíto RunRun Vigo.

mércores, 25 nov 2026

Abel Caballero; a directora de Érguete, Elvira Rivas; o coordinador de programas de Érguete, Javier Alonso; o organizador da carreira, Guillermo Janeiro; e Teresa Varela, de Fiact Seguros presentaron este mércores a nova edición da carreira Érguete e Corre que terá como punto de saída e de chegada a Praza Suárez Llanos de Bouzas.

O rexedor recalcou a vertente competitiva, solidaria e social da carreira con percorridos de 5 e 10 quilómetros para adultos e nenos, ademais da andaina popular e a proba de bicis.

Recadación

A directora de Érguete explicou que a totalidade da recadación estará destinada ao proxecto: “Movendo Camiños”, centrado en conseguir material deportivo, e a o podcast “De leria coa Asociación Érguete”.

Elvira Rivas recalcou que a carreira “é máis que unha proba deportiva” para Érguete porque serve para continuar co labor de dar visibilidade ás condutas adictivas, seguir rompendo estigmas e lembrando que a prevención e o acompañamento “é cousa de todos”.

Abel Caballero e Elvira Rivas animaron á cidadanía para participar este sábado na carreira.

As persoas interesadas en asistir á proba poden inscribirse ata as 12.00 horas na web: www.magmasports.es

Descargar todas as imaxes