O Concello selecciona a empresa para a mellora integral da bancada do campo da Madroa
A mesa de contratación do Concello de Vigo do xoves 19 de novembro clasificou as ofertas para seleccionar a empresa que acometerá os cambios no campo de fútbol. As obras comezarán no próximo mes de xaneiro.
O proxecto ten un orzamento de 724.637 euros. As obras contemplan a substitución da cuberta actual, amais da rehabilitación da estrutura e a impermeabilización do edificio. A estas melloras sumaranse a substitución da cuberta, a mellora da accesibilidade ao edificio e a incorporación de dous asesos adaptados, a reordenación da planta baixa e a instalación dun ascensor. Estas actuacións permitirán solucionar as patoloxías da cuberta, mellorar a accesibilidade do poliderportivo e reordenar os espazos.
Polideportivo de Navia
A próxima semana o Goberno municipal comezará as obras de impermeabilización da cuberta do Pavillón Polideportivo de Navia, ás que se destinarán preto de 37.000 euros. A empresa Cíes Obra Civil realizará as melloras no prazo dun mes, condicionado polo tempo. O obxectivo é finalizar coas filtracións de auga que se producen nas zonas próximas aos lucernarios e aos condutos de ventilación da cuberta, xa que afectan ao pavimiento da pista.
A intervención contempla levantar o tramo do céspede artificial instalado na zona da cuberta onde se realizarán as reparacións, e impermeabilizar con bicapa autoprotexida as zonas afectadas.