O Concello acomete esta semana 41 obras de asfaltado, bacheo e reparación de beirarrúas
O plan de melloras programado ata o venres inclúe intervencións no centro e en sete parroquias.
O plan de melloras programado ata o venres inclúe intervencións no centro e en sete parroquias.
O alcalde de Vigo acompañará esta tarde, ás 17:00 horas, á familia de Xesús Alonso Montero no acto no que se depositarán as cinzas do escritor e académico nun dos monolitos do cemiterio de Pereiró destinados a homenaxear a persoas relevantes pola súa contribución á cidade.
O Concello celebra o Día da Constitución 2026 o venres, 4 de decembro, cun acto que se desenvolverá a partir das 12,00 horas da mañá no Museo de Arte Contemporánea.
O próximo xoves 3 de decembro o Náutico de Vigo acolle esta xornada para “reivindicar unha sociedade máis accesible, inclusiva e xusta” para as persoas con discapacidade.
Os datos do INE reflicten tamén un aumento do 5,3% no número de viaxeiros internacionais, mentres que o volume total de visitantes se mantén estable respecto a 2025.
Abel Caballero e Carmela Silva, primeira tenente de Alcaldía, visitaron este luns o mercado de Nadal da Asociación Española contra o Cancro en Vigo, que acaba de abrir as súas portas na rúa Gran Vía, 51, co fin de recadar fondos para a entidade durante estas festas. No espazo, que permanecerá aberto ata despois de Reis, ofrecen un amplo abano de produtos de decoración, libros e todo tipo de agasallos para o Nadal.
O alcalde mantivo unha xuntanza este luns co comité organizador do encontro, que prevé reunir nesta 69 edición a 4.000 profesionais da hematoloxía e da hemoterapia de España e Portugal. A fisioloxía do sangue, as enfermidades hematolóxicas, hemostasia e coagulación e medicina transfusional son as especialidades que abordarán os profesionais que participen no congreso. Caballero puxo en valor o traballo dos profesionais desta área e a importancia da investigación para seguir avanzando no coñecemento e tratamento destas especialidades.