O Concello aproba 49 novas axudas de emerxencia por un valor de 21.968 euros
Desde xaneiro, asignáronse 2.779 axudas por un importe global de 862.441 euros, unha medida que permitiu dar cobertura a 7.220 persoas.
Na última comisión, celebrada o 14 de novembro, aprobouse a concesión de 49 axudas de emerxencia por un importe total de 21.968, 07 euros. Concretamente, destináronse 22 partidas a cubrir carencias de alimentación (6.580 euros); 17 para o financiamento de alugueiros (8.105 euros) e 5 para outro tipo de aloxamento (6.561, 50 euros). Ademais, outorgáronse 2 achegas para subministración de auga (258,65 euros); 1 para gastos farmacéuticos (13,92 euros); 1 para atención de gastos persoais (50 euros); e 1 para mobiliario de primeira necesidade (399 euros).