Reforzo do autobús nocturno para os desprazamentos no Samaín
Caballero avanzou que se duplicarán as tres liñas nocturnas, ademais de reforzar o servizo aos cemiterios. Na pasada edición máis de 3.700 persoas empregaron o servizo nocturno especial, confirmando o éxito desta iniciativa que garante un retorno cómodo e seguro ás casas.
O goberno local duplicará este ano as frecuencias das tres liñas nocturnas con motivo da noite de Samaín, co obxectivo de facilitar os desprazamentos e ofrecer unha alternativa segura e accesible a todas as persoas que participen nas celebracións do 31 de outubro. A liña C1 pasará a ter unha frecuencia de 15 minutos, a liña N1, 25 minutos e a N4, 40 minutos. Ademais, o servizo prestarase con vehículos articulados, co fin de aumentar a capacidade e responder á elevada demanda prevista.
Durante a pasada edición, máis de 3.700 persoas empregaron o servizo nocturno especial, confirmando o éxito desta iniciativa que garante un retorno cómodo e seguro ás casas e contribúe a un lecer responsable na cidade. Con este reforzo, o Concello consolida o seu compromiso coa cidadanía de Vigo, ofrecendo un servizo público eficiente e adaptado ás necesidades dunha das noites con maior afluencia do ano.
Servizo especial Día de Todos os Santos
Con motivo do Día de Todos os Santos, o domingo 1 de novembro, reforzaranse todas as liñas que prestan servizo aos cemiterios ao longo da xornada, segundo a demanda de viaxeiros.
Relación de cemiterios e liñas:
- Teis: C3i e C3d
- Bouzas: C3i, C3d, L4A, L4C, L15A, L15C e L16
- Pereiró: A, H2, L7, L12B, L17 e L27
- Zamáns: L7
- Puxeiros: L15C e L15A en viaxes concretos
- Beade: L6 e L27
- Candeán: L9B
- Cabral: L11
- Matamá: L17
- Alcabre: L10, L15A e L15C
- San Andrés: L11 e L29
- Ademais, ampliaranse 8 viaxes da L15A dende a Avda. da Ponte ata o Cemiterio de Puxeiros e o entorno do Tanatorio Vigo Memorial.