Todas as licitacións do Concello na súa web

luns, 23 set 2002
Os cidadáns poden coñecer de contado o punto exacto no que se topan todas as licitacións, ou concursos, convocadas polo Concello na web municipal. Así, os cidadáns poden acceder a datos concretos respecto á data da súa publicación, ós prazos de presentación de solicitudes, ós requisitos técnicos, materiais e á documentación esixida. Ademais, inclúense as actas de apertura de plicas polas que os concorrentes poden saber se a súa solicitude foi aceptada ou desbotada.

A iniciativa responde ó interese do Concello en achega-la administración local ó cidadán, facilitándolle os trámites, a desenvolver novas prestacións no ámbito das novas tecnoloxías.

A información inclúese dentro do apartado Convocatorias da sección Concello dixital da web do Concello de Vigo, www.vigo.org.