Castrillo recibe ao Nobel da Paz Pérez Esquivel
O alcalde, Lois Castrillo, recibiu o Premio Nobel da Paz Adolfo Pérez Esquivel e afirmou que ”Vigo ten a honra e o pracer de contar coa visita dun galego ilustre, que promove a resolución de conflictos pola vía do diálogo e propugna unha orde internacional baseada na paz”.
As persoas comprometidas coa paz, coa tolerancia e a integración da inmigración deben escoitar a súa voz e crear foros de reflexión para que se impoña a humanidade fronte á senrazón, dixo o alcalde. Pérez Esquivel agradeceu o apoio que Vigo lle ofrece ás asociacións e grupos que traballan polos dereitos humanos. O Premio Nobel participará no seminario ”Un mundo novo”, dirixido polo presidente da Fundación Cultura de Paz, Federico Mayor Zaragoza, que se desenvolverá en Pontevedra do 24 ao 27 de setembro.
No encontro Castrillo propúxolle a Esquivel, escultor de profesión, a elaboración dun monumento para Vigo que represente a fusión de culturas que se dá en América latina e na nosa cidade, como lugar receptor de persoas que retornan a súa terra de orixe. ”Quero deixar unha obra para a memoria dos descendentes da xeración que se foi e que agora están regresando a Galicia”, afirmou Esquivel.
Pérez Esquivel asinou no libro de honra do Concello de Vigo, no que escribiu o seguinte texto: ”Reciban el fraterno abrazo de un hijo de Galicia que regresa a sus orígenes, de aquellos que un día salieron y que nosotros regresamos. Fraternalmente. Paz y bien”.
Biografía
Adolfo Pérez Esquivel naceu en Bos Aires, Arxentina, en 1931. Completou a súa educación universitaria na Escola Nacional de Belas Artes e na Universidade Nacional de La Plata. Ensinou durante 25 anos nos niveis de primaria, secundaria e na Universidade. Como artista plástico produciu intensamente en diversos soportes e realizou exposicións de ámbito internacional.
Na década de 1960, Adolfo Pérez Esquivel comezou a traballar con organizacións populares involucradas no movemento pacifista cristián de Latinoamérica. En 1974 foi elixido coordinador xeral en grupos de base que promovían a liberación do continente por medios non violentos.
Cando os responsables do golpe militar de 1976 en Arxentina comezaron unha política de represión sistemática, el contribuiu á formación e ao afianzamento dos lazos entre organizacións populares que defendían os dereitos humanos e apoiaban as familias das víctimas. O Servicio de Paz e Xustiza que fundou evolucionou neste contexto e serviu como instrumento para a defensa dos dereitos humanos a través da promoción dunha campaña internacional que denunciou as atrocidades cometidas polo rexime militar.
En 1975, Adolfo Pérez Esquivel foi detido pola Policía militar brasileña, logo foi ao cárcere en 1976, xunto cos bispos latinoamericanos e norteamericanos en Ecuador e tamén en 1977, en Bos Aires, nos cuarteles da Policía federal, onde foi torturado, retido sen proceso e liberado 14 meses despois. Na cadea recibiu, entre outras distincións, o Memorial de Paz Juan XXIII. En 1980 concedéronlle o Premio Nobel da Paz polos seus esforzos en defensa dos dereitos humanos.
É presidente do Consello Honorario do Servicio de Paz e Xustiza latinoamericano e da Liga Internacional polos Dereitos Humanos e a Liberación dos Pobos (Milán, Italia) e membro do Tribunal Popular Permanente. Entre outros traballos publicou ”Camiñando xunto ao pobo” (1995), no que relata as súas experiencias coa non-violencia en América latina.
Descargar todas as imaxes