Escoitar
Instalaranse en toda a cidade 4.878 contedores e 4.200 papeleiras

Limpeza pon en marcha o novo plan de colectores de lixo

luns, 23 set 2002
imx1784.jpg
Novo modelo
O Concello marcará dende o martes os lugares onde se situarán os novos colectores de lixo que empezarán a instalarse a partir do 1 de outubro. O plan de contedores e papeleiras, presentado pola concelleira de Limpeza, Isaura Abelairas, prevé que a finais de ano estean instalados en toda a cidade os novos soportes.

O plan establece unha reducción de contedores pasando de 12.139 a 4.878 con capacidade de entre 240 a 2.966 litros. O número de papeleiras aumentará pasando de 4.000 unidades a 4.200 e serán de cinco modelos diferentes.

O novo sistema de colectores de lixo incorpora a instalación dunha liña telefónica 900 de atención ó usuario: o aumento do cadro de persoal de 26 a 34 productores e o aumento de vehículos de 9 a 19 unidades.

Entre as melloras do servicio que porá en marcha a empresa adxudicataria, Contenur, figura un sistema de navegación GPS para control de vehículos que estarán localizados en todo momento e incorporación de chips de control en contedores e papeleiras para coñecer o estado dos mesmo. Outras melloras que se incorporan son a estación automatizada de lavado intensivo de contedores e papeleiras: adaptación á norma europea dos niveis acústicos e ruídos e renovación de vehículos ao oitavo ano de contrato.
Descargar todas as imaxes