Escoitar

Unha publicación especializada sinala a web municipal como unha das mellores de Galicia

martes, 4 feb 2003
A revista Código Cero, especializada no eido das novas tecnoloxías, destaca no seu último número a aparencia e prestacións da web do Concello de Vigo. A publicación subliña a actualidade do deseño, o seu doado acceso e a abondosa información ofrecida.

No último mes, a web municipal rexistrou máis de 355.000 páxinas visitadas, sendo o especial sobre o desastre do “Prestige” o destino favorito dos internautas, seguido da información sobre urbanismo. Dentro das utilidades dispoñibles na web, a sección de postais viguesas foi a máis empregada, mentres que a normativa de alumeado foi a máis descargada.

Dende o comezo do seu funcionamento, o sitio configurouse como un portal institucional de servicios, tentando achegarlle a Administración local ao cidadán. Neste senso, a web esforzouse en implementar trámites en liña que conduzan á administración electrónica.