Mergulladores dos bombeiros localizan o fuel dos fondos mariños da ría

Quince mergulladores profesionais do corpo de bombeiros realizan labores de localización de manchas de fuel nos fondos mariños das illas Cíes e no interior da ría. No seu traballo no litoral vigués comprobaron as inmediacións de Toralla e da Guía e destacaron a ausencia de restos de vertido.
Dende o pasado 20 de xaneiro os mergulladores revisan, a diversas profundidades, as praias e sitúan as manchas mediantes boias coa marcación das súas coordenadas no sistema de posicionamento GPS.
Ata o momento, os bombeiros examinaron os fondos dos areais de Figueiras e de Cantareira, a máis afectada. Asemade, no seu traballo no litoral vigués certificaron o bo estado da contorna de Toralla e da Guía.
Descargar todas as imaxes