O Concello resérvase a selección dos beneficiarios das vivendas de Barreiro
O Concello principiou o proceso para a construcción de cen vivendas en réxime de protección autonómica na parte alta dos terreos municipais de Barreiro. O primeiro paso, aprobado pola Comisión de Goberno, é a convocatoria dunha poxa pública á alza para o alleamento da parcela na que se ubicarán as vivendas previstas no Peri 4 Barreiro 2.
A parcela ten 4.000 m2 nos que se poderán edificar 100 vivendas de protección autonómica. O tipo mínimo de licitación fíxase en 2.731.016 euros. O adxudicatario está obrigado a realizar as obras de urbanización no contorno da parcela, uns 5.000 m2. Terá que realizar os accesos aos aparcamentos dos edificios, vias peonais, xardíns, redes de rega e alumeado. O presuposto das obras de urbanización é de 179.000 euros. A construcción das vivendas terá que comezar no prazo máximo de 8 meses contado a partir da facerse firme a axudicación.
O prezo das vivendas non poderá sobrepasar nunca o máximo establecido para as vivendas de protección autonómica. O Concello resérvase o proceso de selección dos beneficiarios e de adxudicación das vivendas. A selección farase de acordo con criterios obxectivos tales como: nivel de ingresos, necesidade de vivenda, arraigo (residencia efectiva na parroquia de Lavadores ou limítrofes), pertenza a un grupo ou colectivo obxecto de especial consideración (mozos, parellas novas, etc).
O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, explicou que con estas medidas o goberno municipal tenta aumentar o parque de vivendas protexidas en Vigo, para así poder influir no mercado inmobiliario freando a alza de prezos. Toba anunciou tamén que na próxima Comisión de Goberno convocarase un concurso público para a urbanización de todos os terreos municipais de Barreiro. A intención do goberno vigués é a de comezar nos próximos meses a construcción dos viais e o acondicionamento do parque público de 40.000 m2 que ocupará a zona central do PERI.