O Concello edita en cd-roms os programas municipais de prevención de violencia
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, presentou os cd-roms ”A prevención da violencia no Concello de Vigo” que recolle os programas desenvolvidos desde distintos departamentos municipais tendentes a favorecer unha convivencia pacífica.
Con este programa preténdese ofrecer unha ferramenta útil para outros proxectos semellantes que incidan no ámbito da violencia. Froito do traballo realizado nos últimos anos no Concello de Vigo, o soporte contén metodoloxías, estratexias e programas desenvolvidos. ”É un producto dinámico que se pode aproveitar para todas aquelas persoas que traballan en temas sociais e comunitarios tanto dende iniciativas públicas como privadas”, explicou a concelleira.
O primeiro dos cd-roms contén os obxectivos, destinatarios, metodoloxía, difusión, programa, entidades organizadoras e un video cd cos obradoiros e relatorios dos participantes nas xornadas ”Vivir sen medo” celebradas no marco dun programa de intervención na infancia en colaboración con Caja Madrid.
O segundo cd-rom contén o programa ”Aprender a convivir”, o da Rede de mulleres veciñais contra os malos tratos, o Programa de apoio á infancia, o da Asociación para a integración e desenvolvemento africano (Aida) e da Asociación cidadá para a prevención da violencia.
O soporte informático cos programas para evitar a violencia tanto nos ámbitos familiar, escolar ou social distribuirase nos centros escolares, entre os técnicos especializados e nas asociacións. O presuposto para a edición de 1.000 exemplares foi de 15.000 euros.
Descargar todas as imaxes