Escoitar

Escolares vigueses concéntrase a favor da paz mundial

xoves, 30 xan 2003
imx2276.jpg
Acto
Máis de 3.000 rapaces de 15 centros educativos de Vigo concentráronse na praza do Rei para celebrar o Día da Paz. O alcalde, Lois Castrillo, afirmou sentirse orgulloso de que a xente máis nova da cidade ”se mobilice en contra da violencia porque iso representa un futuro que defende a paz”.

Os voceiros dos alumnos deron lectura do manifesto elaborado por nenos de cada centro escolar no que se expresaron a favor da tolerancia, do respecto polos pobos, razas e culturas distintas, do final dos conflictos bélicos, de rematar co maltrato ás mulleres e á explotación infantil, da utilización do vocabulario da paz, entre outros.

Os nenos penduraron as súas enseñas na bandeira da paz. Carmelitas, Alba, Neno Xesús de Praga, Compañía de María, Atalaya, Miralba, Aspanaex, Neno Xesús da Guía, Santa Tegra, Rosalía de Castro, Xesuitinas, Apóstol Santiago, Mercantil, Padre Míguez e Rosales foros os centros participantes nesta iniciativa.

O coro infantil de Mayeusis interpretou o ”Himno da alegría”, alumnos de Aspanaex leron os seis puntos da Unesco para a construcción dunha década de paz, léronse cartas alusivas á solidariedade dos voluntarios na limpeza da marea negra e en contra da guerra de Iraq e un gaiteiro interpretou a Marcha do Antigo Reino de Galicia. Trala intervención do alcalde, que defendeu a paz mundial, os cativos interpretaron ”Rosa de paz” de Amaral.
Descargar todas as imaxes