Escoitar

Sete compañías participan no Festival Alternativo de Teatro de Vigo

xoves, 30 xan 2003
imx2278.jpg
Abelairas e Correa
O Festival Alternativo de Teatro, da Concellería de Festas e Animación Sociocultural, celebrarase do 7 de febreiro ao 21 de marzo no auditorio municipal. Sete compañías traerán a Vigo as súas últimas montaxes realizadas fóra dos cánones do teatro convencional para darlle paso á experimentación.

”O suspense e a crítica danlle paso ao teatro libre para provocar a morte do teatro convencional trala experimentación co drama e coa comedia”, afirmou Lola Correa, unha das organizadoras. Nestas actuacións haberá tamén espacio para a danza. O prezo das entradas é de 5 euros e haberá bonos para asistir a tódalas sesións. A venda de entradas realizarase dúas horas antes de cada función na taquilla do auditorio.



7 de febreiro
Triángulo Producciones (Madrid)
“Ulises”

14 de febreiro
Amaranto (Barcelona)
“Marea Baixa”

21 de febreiro
Los Cafiolos (Arxentina)
“Punto muerto” * Na lonxa do Concello.

28 de febreiro
Fábrica de Teatro Imaginario (Bilbao)
“Mundopolski”

7 de marzo
Teatre de l’essencia (Barcelona)
“In Vitro”

14 de marzo
Delirium Teatro (Tenerife)
“Footin”

21 de marzo
Noescafé-teatro (Vigo)
”Genuflexxión”
Descargar todas as imaxes