Escoitar

O Concello facilitaralles a tarxeta ”Vigo Cultural” aos asistentes do Congreso Nacional de Peñas de Clubs de Fútbol

xoves, 30 xan 2003
imx2279.jpg
Programa
O concelleiro de Cultura, Carlos Príncipe, presentou o programa cultural con motivo da celebración en Vigo, no próximo mes de xuño, do Terceiro Congreso Nacional de Peñas de Fútbol e que organiza nesta ocasión a federación de peñas do Real Club Celta.

Para os días 6,7 e 8 de xuño teñen previsto desprazaranse a Vigo arredor de 2.000 persoas ás que se lles facilitará por parte do Concello a tarxeta de promoción ”Vigo Cultural” coa que poderán visitar a un prezo reducido as instalacións e exposicións culturais municipais.

A concellería de Cultura organizará con motivo do Congreso un concerto de música folk en Cotogrande e unha exhibición aérea da patrulla Águila en Samil. Tamén está prevista a celebración dun partido de fútbol oficial España-Grecia clasificatorio para o Europeo do 2004.

A finalidade do Congreso é fomentar a confraternidade entre os afeccionados ó fútbol e dese xeito contribuír a erradicar a violencia nos campos de fútbol.
Descargar todas as imaxes