O alcalde asistirá a Fitur para presentar a oferta turística de Vigo
O alcalde, Lois Castrillo, a concelleira de Turismo, Lílian Álvarez, e representantes do sector hostaleiro trasladaranse o 1 de febreiro a Madrid para asistir á Feira Internacional de Turismo (Fitur), na que se presenta a oferta da cidade para atraer visitantes.
No stand da Concellería de Turismo de Vigo distribuirase material gráfico co obxectivo de transmitir a idea de que a ría de Vigo estará en boas condicións para acoller visitantes na tempada estival. Divulgarase, ademais dos espacios naturais, a oferta hostaleira, cultural e de lecer así como outros atractivos da comarca.
Ante a gran presencia de profesionais do sector, Turismo de Vigo organizará unha degustación de ostras e mexillón da ría de Vigo co fin de potenciar a gastronomía da cidade e de afianzar os productos autóctonos no mercado. En total, repartiranse 300 Kg de mexillón e máis de 2.000 ostras. Esta degustación acompañarase de viño con denominación de orixe das ”Rías Baixas” e prolongarase durante a fin de semana.
Turismo de Vigo ocupará un espacio de 50 m2 dentro do pavillón de Turgalicia e terá a oportunidade de contactar con máis de 42.000 visitantes e 6.000 xornalistas acreditados, procedentes de distintos países.
MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes