O Concello pediralle ao Goberno un millón e medio de euros polos gastos de limpeza da marea negra
O Concello de Vigo avalía en 1.394.075 euros o custo da rexeneración do litoral do municipio despois da marea negra. Nesa estimación inclúense os gastos realizados ata agora pola administración municipal nas tarefas de limpeza das praias viguesas e a previsión do custo dos traballos necesarios para rexenerar totalmente o litoral e sanear os fondos mariños. O Concello remitiulle xa este proxecto á Subdelegación do Goberno para acollerse á orde do Ministerio de Administracións Públicas que prevé a concesión de axudas para a recuperación de zonas contaminadas polos vertidos do ”Prestige”.
Ata este momento, o Concello investiu xa 241.109 euros nas tarefas de limpeza do chapapote. Máis da metade desa cantidade corresponde á adquisición de material como traxes de auga, botas, mascariñas ou pas. Tamén se contabilizan os custos de manutención dos voluntarios e dos mariñeiros e diversos gastos de combustible.
O Concello pretende continuar nos próximos meses desenvolvendo un Plan de Limpeza e Rexeneración elaborado polos técnicos municipais. Ese plan inclúe o peneirado dos areais de Figueiras e Rodas, nas illas Cíes, a vixilancia e limpeza das restantes praias do municipio e a prospección dos fondos mariños. Nestes traballos participarían voluntarios e profesionais coa asistencia de biólogos e químicos. Os equipos de mergulladores estarían compostos por especialistas do corpo de bombeiros.