Escoitar

Adxudicadas obras de pavimentación en cinco rúas

luns, 27 xan 2003
O Concello pavimentará nos próximos días cinco céntricas rúas da cidade, para o que xa se realizou a correspondente adxudicación de obras. A empresa Construcciones Crespo encargarase da pavimentación das rúas Coruña, Isaac Peral e José Antela Conde, no barrio do Calvario. A compañía Sercoysa foi a adxudicataria das obras correspondentes ás rúas Simón Bolivar e Marqués de Alcedo. O custo destes traballos ascende a 230.000 euros.

Co arranxo destas rúas comeza a desenvolverse o Plan de Mellora das Rúas de Vigo incluído nos presupostos municipais. O Goberno vigués ten previsto investir este ano máis de tres millóns de euros no acondicionamento das rúas da cidade. Para iso estanse a elaborar proxectos de renovación do pavimento daqueles viais da cidade que se encontran en peores condicións de conservación. Este Plan dará continuidade ao traballo desenvolvido nos dous anos anteriores, nos que se investiron 2,5 millóns de euros no acondicionamento das estradas do ámbito rural e no arranxo de diversos viais do centro urbano.