Escoitar

O alcalde entregoulle a Leri a Medalla da Cidade

venres, 24 xan 2003
imx2262.jpg
Acto
Nun ambiente moi emotivo celebrouse no auditorio do Concello a concesión da Medalla da Cidade a Antonio Nieto Figuero ”Leri”, que foi concelleiro de Vigo durante 29 anos. Tódolos grupos municipais tiveron palabras de agradecemento á figura de Leri destacando a súa dignidade, honradez e compromiso pola cidade. O alcalde rematou o seu discurso lembrando unha máxima de Leri “ningún vigués de xeonllos”.

O acto comezou ás 11 da mañá coa lectura da acta do pleno por parte do secretario xeral no que a Corporación acordou por unanimidade concederlle a Medalla da Cidade a Leri. A continuación, os voceiros dos grupos municipais tiveron palabras para o seu ex-compañeiro de Corporación. Xabier Toba, voceiro do BNG, destacou de Leri o seu compromiso pola cidade. A concelleira Belen Sío, do PSdG-PSOE, salientou que Leri leva a Vigo impreso a fogo tanto na súa cabeza como no seu corazón. Chema Figueroa, do PP, subliñou que os honrados somos todos nós ó darlle a medalla a Leri, home de entrega e loita. Manuel Soto, de Progresistas Vigueses, realzou a decencia e honradez de Leri lembrándolle que non se rinda.

A continuación Antonio Nieto ”Leri” pronunciou unhas verbas de agradecemento que se reproducen integramente:

”Queridos compañeros, queridos amigos: Precisamente por eso, por haber sido compañeros de Corporación, por ser todos vosotros amigos, porque me conocéis bien y sabéis que Vigo es mi gran pasión y que lo haría todo por mi ciudad, por todo ello hoy me concedéis esta Medalla de oro.

No podría haber reconocimiento mayor a mi labor, a esa pasión que siempre he puesto en defensa de mi ciudad. Pero, todavía más que la medalla en sí, me satisface y emociona que hayan sido mis hasta hace poco compañeros quienes , unánimemente, se hayan puesto de acuerdo para concederme este galardón.Y también me emocionan las muestras diarias de reconocimiento público que estoy recibiendo en todas partes.

Con todo ello, Vigo me está agradecienddo el orgullo que siempre tuve de ser y de sertirme Vigués. Y yo hoy, no puedo decir más que gracias”.

O alcalde, Lois Castrillo, pechou o acto de cerimonia lembrando que ”a Medalla da Cidade é un galardón creado para homenaxear a persoas, entidades ou institucións que se distinguiron por unha traxectoria ao servicio de Vigo e da súa xente. A corporación municipal non tivo ningunha dúbida á hora de proclamar por aclamación que Antonio Nieto Figueroa, Leri, debía figurar entre o escollido grupo de persoas merecedoras desa honra.

A medalla da cidade é un testemuño do agradecemento que os vigueses e viguesas sentimos polo incansable traballo a prol da nosa cidade desenvolvido durante toda a súa vida por Leri. Con éxito unhas veces, con honradez sempre, Antonio dedicou boa parte da súa existencia a transformar a cidade que amaba na cidade que él soñaba.

A súa teimosía incansable levouno a pelexar con insistencia por conseguir aquilo que consideraba de xustiza para Vigo. Así puidémolo ver percorrendo os montes do municipio co empeño de recuperar o dominio da cidade sobre terras usurpadas, ou abandeirando a loita por recuperar o dereito dos vigueses a gozar da praia de Toralla.

Quizais a razón de que ese espírito vigués do que sempre se gabou medrara con tal forza hai que buscala nesa infancia na rúa Anguía, no cerne histórico de Vigo. Alí comezou a enchouparse de Vigo e a sentilo no corazón. Quizais as súas gañas de dedicarlle tanto tempo e esforzo á cidade proveña daqueles primeiros xogos no Berbés, do contacto cos mariñeiros, coas mulleres que traballaban nas factorías de salazón, coas xentes que dende as parroquias acudían ao barrio a vender e a mercar.

O seu espírito de servicio levouno a política municipal, onde se mantivo durante 29 anos ininterrompidos. Difícil será que alguén supere esa marca e máis aínda que consiga acadar tanta popularidade como a que Leri conquistou. Durante o seu longo camiño por esta institución, Antonio Nieto prestou especial dedicación a unha materia á que estivo ligado dende moi novo: o deporte. Non hai vigués que non saiba sinalalo como o creador, impulsor e auténtico sostén durante décadas daqueles campionatos de praias que naceron dun partido entre parroquias en 1955. Milleiros de vigueses puideron practicar o seu deporte favorito cada fin de semana gracias aos campos que Leri sementou pola cidade e á organización que con tanta ilusión construiu.

Leri figura xa, polos seus innegables méritos, nas crónicas da historia do Vigo que él axudou a medrar. O seu nome está entre o dos persoeiros que forxaron, dende o mundo da empresa, da cultura ou da política, a cidade anovadora e vital na que vivimos. Antonio Nieto lembrará hoxe con nostalxia aquela vila mariñeira na que comezou a xogar, a traballar e a gozar. Pero de seguro que está moi orgulloso da florecente cidade na que Vigo se converteu co paso dos anos e co esforzo de xente coma el.

Sei que para Leri non hai maior honra que o aplauso e recoñecemento da xente da súa amada cidade. Iso é o que hoxe lle ofrecemos. Permítanme que peche este acto citando un lema que Leri tentou sempre inclucarnos: “Ningún vigués de xeonllos”. Gracias Leri”.
Descargar todas as imaxes