Escoitar

Aromaterapia, masaxes e cociña, nas Noites Vivas desta fin de semana

xoves, 23 xan 2003
Este venres e sábado, os mozos vigueses ten dúas novas citas co programa Noites Vivas da Concellería de Xuventude do Concello de Vigo. As distintas sedes do programa voltarán abri-las súas portas pola noite con actividades para tódolos gustos, coma cociña internacional, danzas do mundo, musculación, aromaterapia, masaxes de relaxación ou cestería.

Programación do venres 24 de xaneiro:
–Castro: minitorneo de dardos, Noites Vivas na rede: Age of Empires.
–Abertal: Faino ti mesmo (carteiras de cómics, móbiles, abaloiros, coiro, marionetas), futbolín, ping-pong, cartas, xogos de mesa, internet.
–Fléming: obradoiro de reciclaxe, xogos de mesa, internet.
–Uruguai: cociña internacional, pirogravado, self-service, internet, xogos.
–Berbés: danzas do mundo, baloncesto mixto, pachanga, squash, musculación.
–Coruxo: internet, futbolín, cine.

Programación do sábado 25 de xaneiro:
–Castro: minitorneo de dardos, Noites Vivas na rede: Age of Empires.
–Abertal: cine, Faino ti mesmo (carteiras de cómics, móbiles, abaloiros, coiro, marionetas), futbolín, ping-pong, cartas, xogos de mesa, internet.
–Uruguai: aromaterapia, como vivir só e non morrer no intento, self-service, internet, sala de xogos.
–Coia: masaxes de relaxación, xogos de estratexia: Wargames, unihockey, cestería.