Leri recibirá unha condecoración pola súa dedicación á cidade
Antonio Nieto Figueroa ”Leri” recibirá o venres 24 de xaneiro a Medalla da cidade como público recoñecemento dunha vida adicada aos intereses de Vigo. Edil do Concello de Vigo durante 29 anos, dende os tempos anteriores á transición, Leri distinguiuse por defender os intereses da cidade en tódolos eidos, participando en todas aquelas accións tendentes a mellorar a sociedade e a consideración que fóra dos límites do municipio puidera ofrecerse.
Trala presentación do acto, o secretario municipal lerá a acta, realizarase a entrega da condecoración e leranse os discursos do homenaxeado e do alcalde.
Leri foi concelleiro delegado de Deportes en momentos tan importantes como o mundial de fútbol de 1982, contribuiu de xeito persoal á reforma do estadio de Balaídos e ao éxito da celebración dese evento deportivo en Vigo.
A súa afección pola difusión do deporte, quedou sempre de manifesto pola organización e continuidade que lle deu ao fútbol de praias, chegando a organizar campionatos con máis de 80 equipos e acadando unha extraordinaria popularidade para a práctica desta modalidade.
Leri identifícase coa cidade, coa súa bandeira e co seu xeito de ser. Pódese destacar tamén a súa honestidade persoal, o seu labor e o seu talante amistoso para todo e para todos.
Leri, ademais de concelleiro foi deputado provincial, conselleiro da Caixa de Aforros de Vigo e empresario. Foi boxeador, seleccionador galego de rugbi, futbolista, árbitro nacional de fútbol e adestrador nacional de fútbol. Entre outros premios, recibiu a Medalla de Ouro da Delegación Nacional de Deportes, distinción especial do Colexio Nacional de Árbitros e mención de honor da Asociación da Prensa. É coñecido por ser o fundador dos campionatos de praias.
Descargar todas as imaxes