O Concello concederá licencias de taxi para o transporte de discapacitados
O concelleiro de Tráfico e Transportes, Xaquín de Acosta, proporá no próximo pleno da corporación municipal a creación de dúas novas licencias de taxi dedicadas ao transporte de persoas con mobilidade reducida. Os adxudicatarios terán a obriga de adscribir as licencias a un taxi adaptado ou eurotaxi, un vehículo que ten que cumprir coas normas de accesibilidade fixadas na lei.
Nestes momentos, non existe en Vigo ningún autotaxi adaptado para persoas con mobilidade reducida. O pasado ano, o Concello publicou un anuncio informando aos titulares de autotaxis da posibilidade de substituír os seus vehículos por outros adaptados. Os interesados podían beneficiarse dunha subvención do Concello e, ademais, dunha achega económica reflectida nun convenio asinado pola administración local coa Fundación ONCE e o INSERSO. Ningún titular de licencia confirmou a súa intención de adherirse a esta proposta, polo que a Concellería de Tráfico e Transportes optou por sacar a concurso novas licencias.
Poderán solicitar as licencias os conductores asalariados de titulares de permisos clase A, que traballen con dedicación exclusiva á profesión. Os futuros adxudicatarios das licencias terán que prestar servicio ás persoas con mobilidade reducida, para o que deberán dispor dun vehículo adaptado que cumpra cos requisitos especificados no Código de Accesibilidade do regulamento da Lei de Accesibilidade e Supresión de Barreiras de Galicia. Ese vehículo poderá acceder ás subvencións establecidas no convenio asinado polo Concello co INSERSO e a Fundación ONCE.