A Corporación aproba accións encamiñadas a paliar o impacto económico da marea negra
O pleno da Corporación municipal aprobou un acordo elaborado polo Consello Económico e Social no que se recollen propostas de medidas para paliar o impacto económico do ”Prestige”. O documento salienta que as institucións e a sociedade viva permanezan unidas para lograr que as consecuencias socio-económicas do desastre sexan as menores posibles, e que este desastre non só non nos suma na desesperación ou no pesimismo senón que nos sirva de acicate para seguir impulsando e diversificando a nosa economía e que esta siga a liderar a da eurorrexión.
Texto do documento aprobado
1.- PROPOSTA DE MEDIDAS PARA PALIAR O IMPACTO ECONOMICO DO DESASTRE DO ”PRESTIGE”
A catástrofe do ”Prestige” ten golpeado duramente a economía de Galicia nun dos sectores productivos máis básicos como é o que depende da pesca, o marisqueo e a acuicultura, xunto cos sectores de servizos, transformadores e comercializadores interdependentes destas. Asimesmo ten afectado moi negativamente á imaxe exterior do noso país, o que pode incidir nunha merma importante da afluencia turística.
É obvio que a afección ambiental alén da económica supón un duro golpe do que a rexeneración en tempo está aínda por determinar no cuantitativo e no cualitativo.
A área de Vigo, como un dos polos socio-económicos máis puxantes da economia galega veuse afectada directamente por esta catástrofe danando un dos sinais de identidade máis senlleiros así como un dos seus principais atractivos turísticos: o Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Ademais non debemos esquecer os milleiros de persoas que se dedican na Ría de Vigo ao marisqueo, á pesca de baixura, á venda ao por maior ou ao por menor e que se ven directamente afectadas ao non poder traballar.
As empresas de transformación, acuicultura, industria auxiliar, comercio, turismo, hosteleria e un longo etcétera tamén temen unha repercusión ben inmediata, ben a medio prazo sobre as súas facturacións, o que repercutiría de seguro no emprego (nunha cidade que xa sen o desastre ten os máis altos índices de desemprego de Galicia) como na economia global da área.
É por iso que compre que, así como toda a sociedade ten reaxido unida e solidaria frente á marea negra, as institucións e esa mesma sociedade viva ermanezan agora unidas para lograr que as consecuencias socio-económicas do desastre sexan as menores posíbeis, e que este desastre non só non nos suma na desesperación ou no pesimismo senón que nos serva de acicate para seguir impulsando e diversificando a nosa economía e que esta sega a liderar a da eurorrexión.
Con estas premisas consideramos necesario para a reactivación social e económica da área que as administracións competentes, e na medida cada unha na súa responsabilidade, asuman, como toda a sociedade viguesa, un conxunto de prioridades (dentro do marco do Plan Integral para Galicia) que supoña unha aportación estratéxica que permita a rexeneración non só do medio ambiente danado, senón a posta en marcha dos servizos e inversións públicas necesárias para que, en primeiro lugar, a catástrofe do ”Prestige” non se repita, e para que se creen novas condicións e novas actividades económicas que compensen aos cidadáns e cidadás de Vigo e Galicia polos danos causados por este desastre ambiental. Este Plan ten que garantir o equilibrio entre a Galicia do Norde e a do Sul, pero tamén debe ser unha magnífica oportunidade para acercar a Galicia interior e a Galicia costeira en níveis de renda e capacidade de fixación da povoación.
Ademais das medidas de emerxencia destinadas a indemnizar aos traballadores e empresas que viron paralizada a súa actividade pola catástrofe, o Plan de Solidariedade ten que ser unha oportunidade para recuperar o tempo perdido e por en pe a Galicia do século XXI:
Acelerar a execución das principais infraestruturas previstas:
1. Segundo cinto: Comezo inmediato das obras do Segundo Cinto de Circunvalación.
2. Alta velocidade: Presentación inmediata e compromiso de investimento para a liña Ourense-Vigo e Saída Sur de Vigo. Acortar prazos da Saída Nordeste.
3. Aeroporto: Aceleración de investimentos contidos no Plan Director.
4. Autovía A-52: Elaboración dun proxecto que evite os altos índices de siniestralidade actuais.
5. Conexión A-9/A-52: Compromiso de execución.
6. Estación de Renfe: Asinatura do Convenio aprobado polo Pleno da Corporación incluíndo as previsións necesarias para a conexión da cidade á rede ferroviaria de Alta Velocidade.
7. Porto seco de Salvaterra funcionando en 2007 coa necesaria conexión por vía ferrea.
8. Construcción do metro lixeiro, tranvia ou aquel sistema que os estudios indiquen como máis idoneo como referente do desenvolvemento do transporte colectivo no futuro, para que entre en servicio no ano 2007.
9. Construcción dun centro de control do tráfico marítimo e sede da capitanía do Porto para que entre en funcionamento no ano 2006.
En materia de novos servizos públicos as prioridades que Vigo necesita con urxencia son:
1. Revisión do Plan de Salvamento Marítimo con dotación de barcos proprios do Estado para as tarefas de salvamento, contando cun remolcador de gran altura, así como unidades de tamaño menor e aptas para outras intervencións. Dotación dun buque especialmente preparado para a recollida de verquidos petrolíferos no mar.
2. Fixar a sede en Vigo da Axencia Europea de Seguridade Marítima, a tal fin o Governo de España fará as propostas e xestións necesárias ante a Unión europea co obxectivo de que esa decisión esté adoptada antes de xuño do 2003.
3. Ampliar as dependencias e servicios da Administración periférica do Estado na cidade, especialmente no relativo á existencia dunha Subdelegación provincial de Tráfico, unha Oficina do Rexistro Mercantil e o incremento do número de seccións da Audiencia Provincial.
4. Elaborar un Plan Integral de Saneamento da ría que poña fin a calquera vertido de augas residuais.
A catástrofe do ”Prestige” ten posto sobre a mesa con crudeza a necesidade de que o sul de Galicia conte cun porto exterior e un porto de refúxio que permita facer fronte ás situacións de emerxéncia, pero que tamén permitan modernizar as estruturas portuárias, construindo novas instalacións máis modernas, máis eficaces, máis productivas e máis seguras, e ao mesmo tempo,
Recuperar espazos actualmente adicados a actividade portuária como novos espazos urbanos. Esta é a corrente que se seguiu nos países desenvolvidos, San Francisco, Baltimore, Londres, Rotterdam, Barcelona.., teñen sabido potenciar novas actividades portuarias e facer medrar novos espazos urbanos, ese é o modelo a seguir.
Loxicamente a construcción do Porto de Refuxio e Porto Exterior das Rias Baixas e Galicia Sur non se poderá facer no termo municipal de Vigo, e polo tanto o Concello de Vigo xunto co de Vilagarcia de Arousa e Pontevedra e os demáis concellos implicados deberán localizar esa nova infraestrutura portuaria imprescindíbel para garantir o desenvolvimento equilibrado de Galicia Sul e Galicia Norte, consolidando o modelo actual de: tres universidades, tres aeroportos, dúas autovías e necesariamente dous portos do S.XXI: un no Norte e outro no Sul de Galicia
Elaborar un proxecto integral para a rexeneración das Illas Cies, que prevea a limpeza dos areais e as zonas rochosas, a recuperación dos fondos submariños e que inclúa a promoción do Parque Nacional das Illas Atlánticas.
Promocionar Vigo como destino turístico. Impulsar obras no Barrio Histórico e Rexeneración de areais. Mellorar a imaxe de Vigo como destino turístico.
Reforzar a oferta de Vigo como cidade de Feiras, Congresos e Exposicións: Para isto compre iniciar de inmediato as obras do Pazo de Congresos e a Ampliación do Recinto Feiral.
Promocionar a atractividade de Vigo como cidade de eventos culturais: compre a promoción do MARCO, Museu do Mar e a posta en marcha da Casa das Palabras como novas dotacións abertas e con oferta cultural atractiva.
Elaborar un plan de emprego ante os eventuais despidos de traballadores/as na comarca, que incida na formación de traballadores especializados, nas infraestructuras para a creación de polígonos industriais e que inclúa axudas sociais e económicas para a creación de empresas.
Reincidir na reclamación de que o ”Prestige” deixe de contaminar a costa.
2.- INSTAR AO ALCALDE DE VIGO E AO PRESIDENTE DA AUTORIDADE PORTUARIA A REINICIAR DECIDIDAMENTE AS CONVERSAS ENTRE CONCELLO E AUTORIDADE PORTUARIA, tanto dende o punto de vista institucional como o social, ao obxecto de traballar conxuntamente na configuración futura da cidade e o seu porto, prevendo a necesidade de ampliación e mellora deste sistema xeral, en especial no referente á dotación das infraestructuras necesarias para que o peirao de trasatlánticos poida captar unha maior afluencia de tráficos turísticos e comerciais.
Entende así mesmo o CES que as citadas conversas, sen prexuizo do seu carácter aberto, atenderán tamén cuestións e problemáticas referidas á dinamización e optimización da rendibilidade dos espacios portuarios e ao desenvolvemento económico da área, tales como:
-Infraestructuras de comunicación do porto.
-Novos túneles da rolda litoral.
-Ampliación do peirao do Areal.
-Recuperación do litoral mediante o traslado de instalacións actuais non axeitadas.
-Uso da estación marítima.
-Pazo de Congresos.
Estes asuntos serán debatidos coa vista posta en potenciar a atractividade de Vigo e conexión do porto coa cidade.
Das conversas informarase ao CES no prazo dun mes, coa finalidade de que este órgano consultivo proceda ao seu debate, estudio e consideración.
3.- DO PRESENTE ACORDO DARASE TRASLADO INMEDIATO ás entidades integrantes do CES, á Presidencia do Goberno do Estado, ás Vicepresidencias do Estado, á Delegación do Goberno en Galicia, ao Delegado Especial do Goberno para o Prestige, á Presidencia da Xunta e á Consellería de Economía e Facenda.
Descargar todas as imaxes