Escoitar

A liña 17 pasará polo mercado de Teis

venres, 17 xan 2003
A liña 17 do autobús público urbano pasará a partir do luns, día 20, polo mercado de Teis. Con este cambio, o Concello atende unha demanda dos veciños, que solicitaban a creación dunha parada a carón do mercado, un dos puntos de atracción do barrio.

Para facilitar que o autobús urbano circule por Purificación Saavedra, a concellería de Tráfico e Transportes instalou un grupo semafórico no cruce de Sanjurjo Badía coas rúas Purificación Saavedra e Robleda. Os semáforos permitirán mellorar o acceso do autobús e doutro tipo de vehículos ao mercado de Teis e asemade proporcionarán maior seguridade aos peons que transitan por esa zona.

O proceso de remodelación das liñas de autobuses de Vigo rematará a finais de mes coa introducción de máis melloras para o barrio de Teis e de medidas que beneficiarán aos veciños de Saiáns e Coruxo.