Benestar Social aplicará un programa preventivo para preadolescentes
A concelleira de Benestar Social, Belén Sío, asinou un convenio coa directora do colexio Fillas de María Inmaculada, Pilar Bello, para desenvolver un programa de acollida de alumnado de primeiro ciclo de ESO con posibilidades de rematar os estudios obrigatorios pero cun ambiente familiar desfavorecedor.
Belén Sío explicou que este convenio complementa o programa xenérico de intervención con menores desenvolvido pola Fundación Aldaba a través da Concellería de Benestar Social. O colexio Fillas de María Inmaculada realiza este proxecto piloto, durante este curso escolar, en colaboración cos traballadores sociais do Concello para aplicar medidas de prevención e actividades de estudio e desenvolvemento persoal a través de actividades socioculturais de ocio e ludotecas.
Pilar Bello sinalou a boa acollida e interese amosado polos representantes do Concello para desenvolver o traballo deste equipo educativo. Este programa pretende propiciar un ambiente saudable e cómodo no que os nenos atopen persoas que os acompañen non só como coidadoras.
O centro oferta a posibilidade de que un grupo de 10 alumnos, despois da xornada escolar, permanezan no centro no que disporán de servicio de comedor, axuda ao estudio, actividades de desenvolvemento persoal (habilidades sociais, autoestima...), ludoteca e actividades socioculturais. O convenio para aplicar este programa piloto ten un custo de 4.800 euros.
Descargar todas as imaxes