Escoitar

Os grupos municipais solicitan o indulto para Chano Rodríguez

luns, 20 xan 2003
imx2243.jpg
Chano Rodríguez
O Concello de Vigo debaterá no próximo pleno da corporación unha moción suscrita por todos os grupos políticos na que se lle solicita ao Ministerio de Xustiza o indulto para Sebastián (Chano) Rodríguez Veloso.

BNG, Psoe, PP e Provi consideran que Chano é unha persoa totalmente reinsertada e que demostra unha actitude clara de respecto ás institucións e un afán totalmente desinteresado por colaborar nas actividades programadas en materia deportiva polo Concello de Vigo.

Sebastián Rodríguez está en situación de liberdade condicional despois de cumprir 10 anos de cadea. Isto obrígalle a solicitar permiso cada vez que ten que viaxar ao estranxeiro para competir. Chano pertence ao club deportivo Anfiv, no que está integrado nos equipos de baloncesto en cadeira de rodas e natación. No seu curriculo figuran records do mundo, medallas en campionatos mundiais e nas Olimpiadas. Ademáis colabora na escola municipal de natación, adestrando un grupo de 19 rapaces minusválidos.

Segundo os grupos representados no Concello de Vigo, Chano representa un claro exemplo de traballo e esforzo no eido da integración social. O Concello xa lle concedeu diversos galardóns como a de mellor deportista en 2001 e a de Vigués Distinguido.
Descargar todas as imaxes