Escoitar

Franquiatlántico consolídase como lugar de encontro de profesionais e novos empresarios

luns, 20 xan 2003
imx2241.jpg
Programa
A IV Feira da Franquicia e o II Salón do Emprendedor celebraranse do 24 ao 26 de xaneiro no recinto do Ifevi, en Cotogrande. Xornadas técnicas, premios, sistemas multimedia e 110 stands conforman a oferta desta edición para os visitantes.

O II Salón do Emprendedor pretende ofrecer un espacio aberto no que artellar unha rede de administracións públicas, entidades privadas, asociacións e colectivos co fin de darlle a coñecer a novos emprendedores as posibilidades de negocio. Ofreceráselles tamén asesoramento para pór en marcha unha empresa, as claves dos factores de éxito empresariais ou as subvencións ás que poden optar.

O concelleiro de Desenvolvemento Local e Emprego, Delfín Fernández, sinalou que o Concello de Vigo convoca o I Premio Salón do Emprendedor á Iniciativa Empresarial, ademais de outorgar o III Premio Franquiatlántico que conta coa colaboración da Asociación Española de Franquiciadores en calidade de dirección técnica e recoñece o labor das firmas expositoras na evolución da franquicia.

O vicepresidente da Asociación de Novos Empresarios, Manuel da Fonte, afirmou que esta feira debe ter continuidade e destacou a información personalizada que se ofrece nos stands de asesoramento, así como os contidos especializados das conferencias.
Descargar todas as imaxes