Escoitar

O Concello de Vigo participa no Forum Social de Porto Alegre

luns, 20 xan 2003
imx2242.jpg
Logotipo
O concelleiro de Xuventude e Deportes, Santiago Domínguez, viaxou a Porto Alegre (Brasil) en representación do alcalde de Vigo para participar no Forum de Autoridades Locais que se desenvolve naquela cidade no marco do Forum Mundial contra a Globalización.

Santiago Domínguez asistirá ás diversas mesas de debate que se celebrarán durante os días 22,23,24 e 25 de xaneiro. Nelas falarase sobre os orzamentos participativos, unha iniciativa de xestión política e económica posta en marcha en Porto Alegre hai xa trece anos polo Partido dos Traballadores e que figura, na Organización das Nacións Unidas, como un dos mellores exemplos de participación democrática dos cidadáns na vida política municipal.

O concelleiro vigués explicará en Porto Alegre as experiencias desenvolvidas na nosa cidade en materia de participación cidadá e tomará nota das iniciativas que funcionan con éxito noutros lugares para estudiar a viabilidade de aplicalas en Vigo.

Nesta edición do Forum Social serán tamén obxecto de debate cuestións como a crise do neoliberalismo e as relacións entre os movimentos sociais e os partidos políticos.

MÁIS INFORMACIÓN
Descargar todas as imaxes