Castrillo afirma que a World Fishing servirá para relanzar o sector pesqueiro trala marea negra
O alcalde, Lois Castrillo, presidiu a constitución da comisión de seguimento da World Fishing Exhibition Vigo 2003. Castrillo afirmou que é necesario preparar a cidade para que este evento sitúe a Vigo nunha dimensión de carácter universal como unha cidade capaz de recuperarse dunha traxedia como a marea negra.
”A World Fishing Exhibition é o gran evento que a cidade necesita para que a capacidade de atracción urbana de Vigo se vexa potenciada e haxa unha promoción de productos que precisan recuperar a súa imaxe”, sinalou o alcalde.
”Hai que preparar a cidade nos sectores hostaleiro, turístico, ambiental, cultural e de comunicacións para que os profesionais que se acheguen á World Fishing Exhibition vexan que somos unha cidade de exposicións, de congresos e aberta ao turismo”, explicou Castrillo.
Alfonso Paz Andrade explicou que a World Fishing Exhibition non pode ser allea á catástrofe provocada por un accidente marítimo con consecuencias económicas como as derivadas do afundimento do ”Prestige” xa que houbo acontecementos concatenados con consecuencias turísticas que provocan unha perda de credibilidade dos productos galegos con marca de calidade. ”Agora necesítase relanzar novamente a economía, alén de ser compensados con melloras estructurais, e hai que restituír o dano causado e recuperar esta credibilidade nos productos galegos”, destacou Paz Andrade. ”Galicia nunca alcanzara tanta notoriedade mundial co que hai que ser capaz de reconvertir ese camiño aberto en demostrar que esta terra, que foi agredida violentamente polo chapapote, restitúe o dano ecolóxico e recupera a credibilidade a través tamén da World Fishing Exhibition”, dixo Paz Andrade.
A comisión de seguimento, integrada por representantes do Concello e do Comité Executivo da Exposición, ten como misión coordinar as xestións encamiñadas a resolver as necesidades que presenta a organización na cidade dunha nova edición da World Fishing Exhibition. Este estas inclúese a dotación das infraestructuras adecuadas para atender a milleiros de visitantes, a promoción internacional da exposición ou as relacións institucionais derivadas da presencia en Vigo de autoridades e ministros de pesca dos cinco continentes.
O obxectivo da comisión de seguimento é garantir a capacidade de resposta da cidade ante a que promete converterse na edición máis importante a World Fishing Exhibition en Vigo, tanto no que se refire ao número de mepresas expositoras como á proxección internacional dos actos previstos na programación. A finais do pasado ano, a demanda de espacio por parte de empresas pesqueiras de todo o mundo, obrigoulle á organización a ampliar a superficie de exposición. Vigo 2003 contará cun pavillón temporal, dotado de tódolos servicios, que amplía a actual oferta de espacio en 4.000 m2.
A nove meses da inauguración da exposición, 600 empresas de 41 países confirmaron a súa presencia en Vigo 2003. Tamén o número de pavillóns nacionais e institucionais contratados ata a data supera as cifras rexistradas na última edición de 1997. Reino Unido, Dinamarca, Malvinas, Feroe, Francia, Islandia, Holanda, Noruega, Suecia e Italia participarán con pavillóns que agruparán ás empresas máis significativas da súa industria pesqueira. Están moi avanzadas as negociacións con outros países como Chile, Canadá, Nova Celanda ou Sudáfrica, interesados en contar cunha representación nacional en Vigo 2003. Entre os pavillóns institucionais destacan o da UE, o FROM, a Junta de Andalucía e a Consellería de Pesca da Xunta de Galicia, que volve distinguirse polas súas dimensións: 800 m2 para darlles cabida ás organizacións sectoriais galegas.
Descargar todas as imaxes