Unha guía de colexios públicos facilítalle ás familias a escolla dos centros escolares
A Guía de centros públicos de educación infantil e primaria 2003-2004, publicada pola Concellería de Educación, contén información sobre as características de cada colexio vigués para axudarlles ás familias na selección da escola para os seus fillos.
A concelleira Ana Gandón explicou que 4.500 exemplares desta guía se lles remitiron ás familias con nenos en idade de iniciar os cursos de infantil e primaria xunto co certificado de empadroamento, en colaboración co Servicio de Estatística, precisos para a matriculación dos cativos. Ademais, distribuíronse 6.500 máis nas escolas, ludotecas, puntos Informa, Federación de Anpas, asociacións veciñais, sindicatos e Casa da Xuventude, entre outros. A publicación desta guía tivo un presuposto de 16.900 euros.
Ana Gandón indicou que o 90% dos centros de ensino públicos de Vigo dispoñen de comedor, o que lles garante ás familias a posibilidade de contar cun recurso formativo de primeira magnitude que facilita a compatibilidade do horario laboral coa familiar.
A concelleira afirmou que o ensino público é sinónimo de educación universal de calidade, fundamentada nos principios de tolerancia, solidariedade e convivencia pacífica e democrática.
O coordinador da publicación e director do CEIP Mosteiro-Bembrive, Juan Centrón Montero, explicou que durante as xornadas de portas abertas previas ao período de matrícula os pais visitan os centros antes de tomar unha decisión. ”Cada vez son máis os pais que buscan un modelo de ensino que se pretende ofertar desde a rede pública con materias de transversalidade características”, explicou Centrón.
A guía dispón dun mapa de situación dos centros de ensino e, ademais das características dos colexios, ten información do conservatorio, escola de adultos e datos de utilidade.
Descargar todas as imaxes