Vía libre á urbanización de ”Finca Solita”
O Consello da Xerencia de Urbanismo autorizou as obras de urbanización do ámbito coñecido como “Finca Solita”, unha superficie de 26.600 m2 na parroquia viguesa de Alcabre. A entidade Metrovacesa investirá 580.949 euros na apertura de rúas, instalación de redes de servicios e creación dun parque nesta zona próxima á avenida de Europa.
As obras consistirán na ampliación dos camiños do Freixeiro e A Fonte, que pasarán a ter beirarrúas e unha sección de 10 e 14 metros respectivamente. Ademais, abriranse dúas novas rúas que unirán os devanditos camiños polo interior do predio. Os promotores terán que habilitar unha zona verde de 2.300 m2 a carón da parcela na que se ubicará un edificio dotacional para a parroquia. O proxecto inclúe tamén a creación dun colector de pluviais, e a instalación de redes de saneamento, gas e alumeado público.
As obras de urbanización permitirán a construcción no predio de 133 vivendas distribuídas en sete bloques de tres alturas. Tamén se reserva espacio para un inmoble de uso hoteleiro e comercial. O concelleiro de Urbanismo, Xavier Toba, explicou que coa aprobación deste proxecto cúmprese un compromiso do goberno municipal cos veciños de Alcabre, que con esta obra conseguirán unha zona verde, un novo equipamento dotacional e a mellora da rede viaria da parroquia.
Novas rúas peonais
O Concello aprobou as obras de urbanización de dous viais para peóns. Un deles, de nova creación, enlazará Hispanidade coa rúa Romil. O desnivel entre ambas salvarase cunhas escaleiras que estarán flanqueadas de elementos vexetais. A rúa disporá de alumeado público e mobiliario urbano. O presuposto de execución é de 37.732 euros.
O outro proxecto aprobado é o do acondicionamento do canillón da Pomba. Este vial, que da acceso ao interior do curteirón situado entre a Rolda D. Bosco e as rúas Pracer e Progreso, está nunha profunda situación de deterioro. As obras consistirán na colocación dun pavimento de lousas de perpiaño, novo alumeado a na eliminación de construccións pouco axeitadas ao contorno. O presuposto é de 87.526 euros.
Descargar todas as imaxes