Escoitar

O Pleno decidirá se a Universidade Popular recupera o nome de Artes e Oficios

xoves, 30 xan 2003
A xunta rectora da Universidade Popular acordou proporlle ao Pleno a recuperación da súa antiga denominación. O centro chamouse Escola Municipal de ”Artes y Oficios” dende a súa creación o 31 de xullo do 1885, como entidade privada dependente da sociedade de socorros mutuos ”La Cooperativa”, ata o ano 1982 no que adoptou o nome actual, ingresando na Federación Española de Universidades Populares.

Sen embargo, segundo argumenta a xunta rectora da institución, o funcionamento interno da institución viguesa nunca foi similar ao dos centros agrupados na devandita Federación, dándoselle de baixa o 12 de decembro do pasado ano.

Doutra banda, as actividades realizadas na escola están máis acordes coas funcións da antiga Artes e Oficios.

Na actualidade, a Universidade Popular desenvolve actividades de diferentes concellerías. O rango de organismo autónomo adoptouse no 1982 co fin de dar cabida á representación do alumnado.