Escoitar

Remata o curso de cestería da Escola municipal de danza

venres, 31 xan 2003
imx2283.jpg
Obradoiro
A Escola municipal de danza do Concello impartiu estes días un curso de “Cestería tradicional” no que participaron máis de 100 alumnos. A escola segue a ter presente no seu proceso formativo o obxectivo de dar a coñecer a rapaces e adultos algúns dos oficios tradicionais.

Por segundo ano consecutivo o director da Escola, Wenceslao Cabezas del Toro, Polo, contou coa colaboración do artesán-cesteiro Tono, que coas suas orientacións teórico-prácticas deu a coñecer o seu oficio a grupos de alumnos de 6-8 anos : 9-12 anos : 13-15 : e maiores de 16.

Por outra banda, o director da escola participa esta fin de semana en compañía de Carlos Núñez no festival folk CELTIC CONECTION que se celebra en Glasgow.
Descargar todas as imaxes