O axardinamento na baixada a Ríos servirá para recuperar o uso social dunha zona verde
A Concellería de Montes, Parques e Xardíns realiza obras de axardinamento na baixada a Ríos no barrio de Teis e comprende unha superficie de 450 m2. Con esta iniciativa preténdese ofrecer unha alternativa na remodelación dunha parcela que contemple a súa recuperación dende o punto de vista do uso social, como espacio verde público e a súa valorización estética e medioambiental.
Montes, Parques e Xardíns proxectou o acondicionamento desta zona, que ata o momento non tiña ningún tipo de uso, para convertela nun espacio de lecer para o disfrute dos cidadáns.
No acondicionamento do terreo procedéronse a aplicar aportes de terra vexetal co fin de mellorar o solo para despois realizar as sementeiras e plantacións de árbores, arbustos e flores. O sistema de rega automática leva aspersores e difusores coas súas correspondentes electroválvulas e funcionan a través dun programador de dúas estacións.
Nos paseos emprégase xabre compactado para que adquira unha superficie dura e a obra rematarase coa construcción dunha táxea formigonada con reixa de paso na zona de entrada co fin de que as augas pluviais da estrada de Ríos non entren no parque nin lles afecten ás plantacións. Isto completarase coa instalacións de bancos e papeleiras nas zonas de lecer. Estímase que esta obra remate en dúas semanas aproximadamente.