Iníciase cos comerciantes unha campaña de concienciación sobre a limpeza de rúas
A Concellería de Limpeza emprende unha campaña informativa para concienciar os comerciantes da necesidade de depositar o lixo nos colectores ao remate da xornada. Seis biólogos ecoasesores percorrerán as Travesas, Teis, Calvario, Bouzas e Príncipe froito dun convenio asinado entre Isaura Abelairas e a presidenta de Fecovi, Encarna Álvarez.
Os ecoasesores, identificados con uniforme, desenvolverán o seu labor de 10:00 a 13:00 e de 17:00 a 20:00 horas. Ademais de ofreceren información e concienciar da necesidade de depositar o lixo e as caixas pregadas nos colectores, os biólogos realizarán unha enquisa para coñecer o grao de implicación e efectividade desta campaña financiada pola empresa adxudicataria.
Durante seis meses percorrerán, en colaboración coas asociacións de comerciantes, os espacios de atención ao público e colocaranse carteis. Outros aspectos da campaña realizaranse nos centros de secundaria, mediante a creación dun libro branco do medio ambiente, e nos barrios con estímulos para fomentar a competitividade pola recollida de lixo co lema ”O barrio máis limpo de Vigo”.
”O comercio é a actividade que máis necesita as rúas limpas para favorecer a imaxe da cidade e captar novos clientes”, destacou Encarna Álvarez, presidenta da Federación de Comerciantes de Vigo. ”As beirarrúas con caixas de lixo que dificultan o paso non favorecen que a xente saia comprar e moitas veces son os propios comerciantes os que limpan as beirarrúas por depositar o lixo fóra dos colectores”, sinalou Álvarez.
Descargar todas as imaxes