Operarios municipais recollen restos de fuel chegado ás praias viguesas
Un equipo de 45 operarios municipais realizou labores de recollida de restos de fuel en varias praias do municipio. Viuse afectado o litoral vigués desde o Cocho das Dornas (Alcabre) ata Saiáns debido ao forte mar de fondo que provocou o depósito de manchas nos areais.
Os restos recollidos eran de 20-25 cm, outros do tamaño da palma da man e unha gran cantidade de galletas de menor tamaño. O concelleiro Henrique Vieitez, que supervisou o traballo de limpeza de fuel, explicou que se procedeu a acelerar o labor de retirada de combustible para facelo antes da suba da marea.
Un equipo de voluntarios e da Policía realizan labores de vixilancia permanente para comprobar se chegan novas manchas de chapapote.