Xulio Calviño participa na presentación do primeiro Simposio Internacional de innovación nos produtos pesqueiros

O concelleiro municipal participou este venres na presentación pública do evento organización por Anfaco Cecopesca, que reunirá en Vigo a numerosos e recoñecidos investigadores internacionais. Calviño subliñou a "iniciativa" da entidades viguesas "na procura da innovación, a competitividade e a excelencia", como amosa a organización deste Simposio, e salientou que Vigo volva acoller acontecementos de interese internacional.

venres, 25 xuñ 2010
1277469138anfaco2.JPG
O concelleiro municipal socialista Xulio Calviño participou este venres na presentación pública do "Primeiro Simposio Internacional: Soporte científico á innovación de produtos pesqueiros", que citará en Vigo a numerosos investigadores de recoñecido prestixio internacional.

O edil destacou a "iniciativa" característica das entirdades viguesas "na procura da innovación, a competitividade e a excelencia", tal e como amosa a posta en marcha por parte de Anfaco Cecopesca deste foro. Calviño subliñou asemade que Vigo volva ser a sede dun acontecimiento sectorial de relevancia internacional.

ANFACO-CECOPESCA concitará a atención da industria transformadora de produtos da pesca e acuicultura así como expertos, investigadores e profesionais de recoñecido prestixio internacional, ao celebrar os días 13 e 14 de setembro, no Centro Social Caixanova, o "I Simposio Internacional: Soporte científico á innovación de produtos pesqueiros", mediante o cal analizaranse temáticas do máximo interese onde se estudasen con detemento aspectos intimamente relacionados coa I+D+i.

Desta forma, o Simposio concíbese como punto de referencia para a transmisión da perspectiva e coñecemento científico á industria transformadora de produtos do mar e a acuicultura, e esperamos que as expectativas das industrias e personalidades participantes véxanse amplamente cubertas.
Descargar todas as imaxes