xoves, 24 xuño 2010

Abel Caballero e Antón Louro sinalan que o descenso dos delitos ratifican que "Vigo é unha cidade segura"

Hoxe xoves celebrouse unha Xunta de Seguridade na que participaron o alcalde de Vigo e o delegado do Goberno en Galicia e constatouse unha melloría dos indicadores de delincuencia con respecto ao pasado ano 2009, que sitúa a Vigo por debaixo da media de España e Europa. Louro informou que a tasa de criminalidade viguesa está dez puntos por debaixo da media estatal.

A Escola de Verán do centro de arte dramática de Navia presentase este ano cun grande éxito de participación

xoves, 24 xuñ 2010

O alcalde, Abel Caballero, a concelleira de Educación, Laura López Atrio, e o director da Escola Superior de Arte Dramática, Manuel Vieites, presentaron este xoves o Campus Internacional de Verán "Escénika" 2010, que xa conta co dobre de solicitudes das prazas ofertadas. A iniciativa traerá a Vigo a destacados pedagogos e directores teatrais de relevancia internacional.

Santi Domínguez di que o novo complexo de Barreiro suporá "un cambio definitivo" nas instalacións deportivas

xoves, 24 xuñ 2010

O tenente de alcalde, Santi Domínguez, asegurou este xoves que a apertura do complexo de auga de Barreiro tras o verán suporá un "cambio definitivo" nas infraestruturas deportivas de Vigo. Na visita que realizou ao complexo, acompañado polo concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, e polo equipo técnico encargado da súa construción, o nacionalista anunciou que os usuarios e usuarias terán abonos mensuais en función da súa situación familiar e idade. Puxo como exemplo o abono familiar, que por 45 euros ao mes permitirá o uso libre das instalacións todos os días do ano a catro persoas.

Santos Héctor destaca o clima de colaboración acadado entre as partes implicadas

Clausuradas as xornadas de difusión do primeiro Pacto Local polo Emprego

xoves, 24 xuñ 2010

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, lembrou os 8.300 postos de traballo xerados polo Concello nos últimos tres anos. O Pacto Local polo Emprego foi asinado o pasado luns entre o Concello de Vigo e as tres forzas sindicais e empresariais máis importantes da cidade.O pacto pretende conquerir os medios para mobilizar recursos locais capaces de crear de emprego e identificar actividades susceptibles de creación de novos postos de traballo.

Xabier Alonso destaca que o Campionato de España de Atletismo do sábado amosa a aposta polas probas en pista

xoves, 24 xuñ 2010

O concelleiro de Deportes, Xabier Alonso, presentou este venres o Campionato de España por Autonomías de Atletismo, que se celebrará nas pistas de atletismo de Balaídos o sábado, 26 de xuño, en horario de mañá e tarde. O nacionalista destacou que esta competición se suma ás distintas iniciativas postas en marcha para recuperar o atletismo en pista de alto nivel, xa que grazas a colaboración de Concello e Federación Galega de Atletismo foi posible executar parte da remodelación demandada polos deportistas.