Escoitar
Santos Héctor destaca o clima de colaboración acadado entre as partes implicadas

Clausuradas as xornadas de difusión do primeiro Pacto Local polo Emprego

O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, lembrou os 8.300 postos de traballo xerados polo Concello nos últimos tres anos. O Pacto Local polo Emprego foi asinado o pasado luns entre o Concello de Vigo e as tres forzas sindicais e empresariais máis importantes da cidade.O pacto pretende conquerir os medios para mobilizar recursos locais capaces de crear de emprego e identificar actividades susceptibles de creación de novos postos de traballo.

xoves, 24 xuñ 2010
1277383925emprego.jpg
O concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Santos Héctor, acompañado polo concelleiro de Xestión Municipal, Carlos L. Font, clausurou hoxe xoves as xornadas de difusión do primeiro Pacto Local polo Emprego participado polo Concello de Vigo e polos colectivos empresariais e sindicais máis destacados da cidade. O edil socialista destacou na clausura do acto, celebrado no Centro Cultural Caixanova, a importancia desta iniciativa e o clima de colaboración acadado entre as partes implicadas.

O Pacto Local foi asinado o pasado luns entre o Concello de Vigo, a Asociación de Jóvenes Empresarios de Galicia (AJE-Vigo), a Asociación Provincial de Empresarias de Pontevedra (APE), a Confederación de Empresarios de Pontevedra (CEP), Comisións Obreiras de Vigo (CC.OO.), a Unión Xeral de Traballadores de Vigo (UXT) e a Conferencia Intersindical Galega da cidade (CIG).

Santos Héctor, lembrou as cifras de emprego xeradas polo Concello de Vigo nos últimos tres anos, 8.300 postos de traballo, a través de distintos programas de emprego. O socialista fixo referencia ao Plan Municipal de Emprego 2007-2011 con 14 programas en funcionamento así coma o investimento adicado polo Concello a emprego nos últimos tres anos. Esta inversión, segundo apuntou Santos Héctor, supera os 18 millóns de euros, dos que 14,6 proceden de recursos externos -incluídos os 5 millóns de euros do Plan Teis- e o goberno local destinou outros 4,3 millóns ao efecto.

Na clausura do acto o concelleiro socialista Carlos López Font avanzou que o goberno municipal seguirá abogando pola inversión. "Si se manteñen os niveis de investimento público a administración pública xerará postos de traballo", afirmou. "É fácil teorizar sobre o emprego pero o que hai que ir sobre feitos concretos", dixo.

Obxectivos
O acordo está dirixido a fortalecer o traballo na cidade, fomentar a ocupación, identificar posibles liñas de negocio que xeren actividade, promover o autoemprego e levar adiante actuacións encamiñadas ao aceso laboral dos colectivos de difícil inserción. Carlos Font tamén reclamou á Xunta que invirta na cidade de Vigo e que asuma os seus compromisos en política de empleo.

Por todo elo o socialista augurou que a data do 21 de xuño, na que foi asinado o pacto local polo emprego "será algún día unha fecha importante para a cidade". Así incidiu na prioridade do goberno local polo emprego e destacou a labor do edil de Promoción Económica e Emprego, o tamén socialista Santos Héctor, pola súa implicación. Neste senso lembrou que o Concello leva traballando no pacto ano e medio para acadar un acordo global polo emprego.

O Pacto Local pretende conquerir un medio para mobilizar os recursos locais para a creación de emprego, un instrumento para a identificación de actividades susceptibles de crear novos empregos no entorno local, unha ferramenta para planificar as políticas de emprego en Vigo así como criterios de avaliación para establecer un proceso contínuo de desenvolvemento das políticas locais de emprego.
Descargar todas as imaxes