Escoitar

O Concello despregou 47 traballadores e 15 máquinas para a limpeza das praias viguesas tras a noite de San Xoán

A Concellería de Limpeza, que dirixe a socialista Raquel Díaz, dispuxo na mañá deste xoves a 47 traballadores, apoiados con 15 vehículos, para a limpeza dos areais de Vigo tras a celebración da noite de San Xoán. O dispositivo iniciouse ás 06:00 horas, xunto coa Policía Local, e recolleu nas praias un total de 31.324 quilográmos de residuos.

xoves, 24 xuñ 2010
O departamento municipal de Limpeza que dirixe a concelleira socialista Raquel Díaz dispuxo na mañá deste xoves un dispositivo especial para a limpeza das praias de Vigo tras a noite de San Xoán, composto por 47 traballadores e 15 vehículos.

Os traballos deron comezo a primeira hora da mañá, ás 06:00 horas, xunto a axentes da Policía Local, e arroxa un balance de 31.324 quilogramos de residuos, dos que 10.114 foron restos de cinzas e 21.210 de consumo de bebidas. As praias máis afectadas resultaron ser as de Samil e A Fonte.

O dispositivo de limpeza despregado estivo composto por 32 operarios peóns e 15 condutores para outras tantas máquinas. No tocante aos vehículos, o Concello empregou dous lixeiros con remolque, catro tractores, un limpapraias, unha baldeadora, un camión porta contedores, un vehículo especial 4x4 para limpeza de praias e cinco camións de caixa aberta.