O Concello facilita na súa páxina web información sobre como casar polo civil
Para facilitar a celebración das vodas civís, o Concello de Vigo fai pública unha circular que contén información sobre os trámites necesarios, así como sobre diversos aspectos relacionados co propio acto do casamento. A circular, que pode lerse na páxina web do Concello, inclúe tamén unha relación das preguntas que os interesados formulan con máis frecuencia.
Unha das funcións do Concello é casar as parellas que deciden unirse polo civil. Para facilitar a celebración destas vodas, o Concello fai pública unha circular informativa que pode visitarse no apartado "Ordenanzas" da páxina web http://hoxe.vigo.org.
O primeiro apartado desta circular dos lugares, días e horas en que se poden celebrar as vodas civís. Así, no andar noveno do Concello os enlaces teñen lugar os venres que non sexan festivos ás 13:00 e ás 13:45 (se o venres é festivo a voda celébrase o xoves anterior). Tamén hai casamentos no Pazo-Museo "Quiñones de León", os sábados que non sexan festivo nin véspera de festivo, ás 12:00, 12:30, 13:00, 18:30 e 19:00.
A continuación, o Concello informa a través desta circular dos trámites que deben cumprir as parellas interesadas. O primeiro deles é conseguir o expediente de matrimonio civil, que se tramitará no xulgado que corresponda. Unha vez tramitado este expediente, deberá entregarse no Rexistro Xeral do Concello de Vigo, indicando a data e hora de celebración da voda, o escrito de datos de contraentes, o boletín estatístico de matrimonio e a fotocopia do DNI das dúas testemuñas do casamento.
O segundo paso é solicitar a data de celebración do matrimonio. O impreso de solicitude facilitarase no Departamento de Información do Concello e, unha vez cuberto, entregarase no Rexistro Xeral do Concello para o seu envío ao Departamento de Relacións Públicas. Soamente se admitirán solicitudes de datas relativas ao ano en curso. O prazo de admisión de solucitudes correspondentes ao ano seguinte ábrese sempre no mes de xuño do ano anterior.
Estes dous trámites poden realizarse ao mesmo tempo, tendo en conta, para solicitar data, que a duración do trámite de expediente de matrimonio no Rexistro Civil é de tres meses como mínimo, dependendo do estado civil e nacionalidade dos solicitantes. O Departamento de Relacións Públicas notificaralles aos interesados a resolución da súa solicitude.
As vodas civís serán celebradas pola alcaldesa ou polo concelleiro ou concelleira en quen delegue. En todo caso, os solicitantes poden suxerir o nome dun concelleiro ou concelleira para que oficie a súa voda.
O Concello faise cargo de forma gratuíta do acondicionamento da sala onde se celebre o matrimonio, así como da ambientación musical e a ornamentación floral da voda. Así mesmo, o Concello entregaralles un obsequio aos contraentes ao remate da cerimonia. Hai que ter en conta que non se permite lanzar arroz, pétalos ou calquera outro material dentro das salas nas que se celebren as vodas civís. Tamén se prohibe a entrada e o estacionamento de vehículos dentro do Pazo-Museo "Quiñones de León" e do Xardín Histórico, do que por outra parte deberá facerse bo uso.
Por último, o Departamento de Relacións Públicas remitirá a acta de matrimonio asinada ao Rexistro Civil de Vigo, para que o Xulgado facilite ás persoas interesadas o correspondente Libro de Familia.
A circular informativa inclúe tamén unha relación de preguntas comúns relacionadas co proceso de tramitación e co propio acto de celebración dos matrimonio civís.
Para obter calquera información pode contactarse co Departamento de Atención Cidadá, chamando ao 010 se é desde Vigo, ao 986 810 260 se é desde fóra de Vigo ou desde móbil, ou mediante fax, no 986 810 263. Tamén a través do correo electrónico 010@vigo.org . No caso de ter solicitada a data da voda, os interesados poden dirixirse ao Departamento de Relacións Públicas, no teléfono 986 810 227, no fax 986 810 192 ou no correo electrónico ofi.rrpp@vigo.org.