Escoitar

MARCO proxecta "Madrid 11-M: todos íbamos en ese tren"

O venres 4 de marzo, con motivo da proximidade do aniversario da traxedia do 11-M, MARCO proxecta no seu salón de actos o documental colectivo "Madrid 11-M: todos íbamos en ese tren". Esta producción consta de 23 curtametraxes elaboradas por distintos directores que dan unha perspectiva do atentado e as súas consecuencias. A entrada será libre e de balde.

xoves, 3 mar 2005
1109856907cartel11M.jpg
Con motivo do aniversario do atentado terrorista que asolou Madrid o pasado 11-M, MARCO acolle este venres 4 de marzo, no seu salón de actos, a proxección do documental colectivo "Madrid 11-M: todos íbamos en ese tren", unha producción de DocusMadrid coa colaboración de AITE (Asociación de Industrias Técnicas do Audiovisual Español). A proxección comezará ás 21 horas e a entrada será libre e de balde ata completar o aforo.

O conxunto de curtametraxes, que van dende a ficción ata o documental, pasando pola realidade ficcionada e o reportaxe periodístico foi iniciativa dun grupo de cineastas que, mais alá do fluxo informativo e coa intención de aportar unha pluralidade de puntos de vista, realizaron un filme colectivo en memoria das víctimas e os seus familiares, en repudio á violencia do terrorismo e coa vontade de obrar en defensa dos valores democráticos de convivencia e liberdade. Todos os beneficios obtidos da explotación da película son destinados ás víctimas e familiares dos afectados.

A película está composta por 23 curtametraxes (de entre 3 e 5 minutos cada unha) dos seguintes directores: Pedro Barbadillo, Sergio Cabrera, María Campuzano, Carlos Carmona, Jaime Chávarri, Leslie Dann, Alfonso Domingo, José F. Echevarría, Javier Fernández, Ángeles González-Sinde, José Heredia Moreno, Twiggy Hirota, Jorge Iglesias, Estela Ilárraz, Octavio Iturbe, Guido Jiménez, David Lara, Borja Manso, Manuel Martín Cuenca, Nacho Maura, Vicente Mora, Miguel Angel Nieto, Daniel Quiñones, Miguel Angel Rolland, Miguel Santesmases, Rocío Sierra, Gonzalo Tapia, Catherine Ulmer, Ángeles Vacas, Óscar Villasante Ochoa e Gonzalo Visedo, sendo cada unha das pezas autoproducidas baixo o auspicio de Docus Madrid e coa colaboración de AITE e de empresas e profesionais da industria audiovisual, sen ningún afán de lucro.
Descargar todas as imaxes

Máis información